Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A literatura galega do futuro sobe ao escenario do Colexio Peleteiro

O Colexio M. Peleteiro acolleu este xoves a entrega da 54ª edición dos Premios Literarios Minerva, nun acto celebrado no salón de actos do centro que reuniu autoridades, membros da organización, alumnado, familiares e representantes dos centros educativos participantes.

A cerimonia estivo conducida pola estudante de 2º de Bacharelato Marta Arce, encargada de presentar o evento e dar paso á entrega dos galardóns. Nesta edición, o papel de mantedor recaeu en Armando Requeixo, secretario científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, investigador e crítico literario.

Máis información en El Correo Gallego

Leave a comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.