Nestas últimas semanas estamos a ver como en Cataluña desatouse a polémica pola sentenza que obriga aos colexios a impartir un 25% das clases en catalán. En Galicia, o 50% das clases nos colexios e institutos tense que impartir en castelán. Por iso, nos últimos días, e tras coñecerse a sentenza en Cataluña, as redes ferveron cunha marea de reaccións. Entre os casos mencionados está o da Pontenova, onde a Xunta “deulle un toque” á profesora por impartir matemáticas en galego.
A profesora de matemáticas chámase Sabela Núñez, traballa no Instituto de Educación Secundaria Enrique Muruais de A Pontenova, en Lugo, e denunciou por redes sociais fai dous anos que recibira unha chamada por parte da Xunta para reprendela por usar o galego nas súas clases. Sabela argumentara que o total do seu alumnado era galegofalante, como ela, polo que usan este idioma para comunicarse nas clases.
Eu imparto fisiopatoloxía humana en galego. Estou agardando que veñan darme un "toque". pic.twitter.com/oZ2ZeON93z
— O Manuel Esteban (@Manuel_Est_Dom) December 16, 2021
Este nova que recolle o Diario de Pontevedra foi lembrada en Twitter polo premio Xerais de 2016, Manuel Esteban, por mor da polémica coa ensinanza do galego en educación primaria e secundaria. Houbo certa reacción por este chío, moitos usuarios da rede social contaron as súas experiencias nas que profesores impartían en castelán clases que teñen que ser en galego, e polas que non “recibiron un toque”.
https://twitter.com/Adriakos/status/1471451712938557441