María Pereira Otero naceu en Vigo nunha familia na que o galego estaba presente, pero non era a lingua habitual de comunicación. Hoxe traballa no ámbito da xestión cultural e mantén unha relación estreita co idioma tanto na súa vida profesional como persoal. Porén, o seu camiño como neofalante comezou en Santiago de Compostela, cando…
O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel puxo en marcha un programa de dinamización lingüística que combina xogos, tradición oral, participación escolar e novas tecnoloxías para promover o uso do galego e conservar o patrimonio lingüístico do territorio. A iniciativa, desenvolvida entre agosto e mediados de outubro, abrangue os concellos de Quiroga, Ribas de…
A literatura galega contará cunha programación específica na XVIII edición do Festival Eñe, que se desenvolverá durante o mes de novembro en Madrid e Málaga. O certame internacional dedicará o sábado 14 de novembro unha serie de actividades á creación literaria galega contemporánea, cun programa que reunirá poesía, música electrónica, videocreación e encontros entre escritores…
A música contemporánea e a súa capacidade para influír nos hábitos lingüísticos da mocidade centran este martes, 20 de outubro, os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Consello da Cultura Galega. A xornada, que se desenvolve na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, reúne artistas de diferentes xeracións e estilos para analizar…
O Concello de Ames vén de convocar a novena edición dos Premios Lingua e Empresa, unha iniciativa destinada a fomentar a presenza do galego no tecido empresarial e recoñecer os negocios que incorporan a lingua á súa actividade cotiá. O certame repartirá 3.000 euros en premios, distribuídos en dúas categorías de 1.500 euros cada unha,…
A Xunta de Galicia iniciou a tramitación dun decreto para crear un selo oficial de recoñecemento do uso do galego nas empresas e entidades do ámbito socioeconómico, cun sistema destinado a identificar as organizacións que incorporan o idioma á súa actividade habitual. A iniciativa atópase en fase de consulta pública previa desde o 13 de…
Galicia conta con máis de dous millóns de microtopónimos, nomes que identifican leiras, montes, fontes, camiños e outros elementos da paisaxe e que, en moitos casos, só sobreviven na memoria das persoas que os empregan. O envellecemento da poboación rural, o abandono das actividades agrarias e a transformación do territorio ameazan a conservación deste patrimonio…
O Proxecto Neo, unha iniciativa educativa de dinamización lingüística vinculada ao IES Perdouro de Burela, alcanzou os 500 programas de radio cunha gravación especial realizada este mércores, 14 de outubro, na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), en Santiago de Compostela. Preto dunha vintena de mozos e mozas participaron nesta actividade, que serviu para…