Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Xa hai finalistas para os premios Youtubeiras

Os ‘Premios Youtubeiras’, organizados polos servizos de normalización lingüística de 12 concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, xa teñen finalistas para os seus oito premios.

En total, 22 serán as propostas que disputarán os galardóns desta sexta edición, que dará a coñecer a súa palmarés o vindeiro sábado, 28 de xaneiro. Ese día, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá a gala de entrega. A actriz e narradora oral Cristina Collazo será a presentadora e Laura Lamontagne & PicoAmperio encargaranse de porlle música ao evento.

A organización de ‘Youtubeiras‘ destaca a concorrencia alcanzada neste 2022, xa que se presentaron a concurso 74 canles. Un total de 45 delas non se inscribiron con anterioridade aos premios e gran parte son de recente creación. A cifra deste ano duplica a que se logrou en 2021, edición na que se postularon 38.

A elas súmanse as 39 canles que foron propostos por usuarios e usuarias das redes sociais para o ‘Premio do Público’.

O xurado desta sexta edición está conformado por Mario Brión (Olaxonmario), gañador do ‘Premio Youtubeira/ou’ do ano na edición anterior; Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense e coordinadora de ‘Youtubeiras’ no primeiras catro edicións; Carmen Nieto, dinamizadora e formadora no ámbito das novas tecnoloxías; Elvira Nercellas, estudante e integrante do Grupo por unha Medicina Galega en Galego, e Alba Rodríguez, administrativa que deu a coñecer o seu cambio de lingua a través de Twitter no ano 2018.

Entre outros, como finalistas do ‘Premio Youtubeira/ou’ do ano a Anxo Sánchez, neeumatiko e A Bisonte. Na categoría de Canle, os finalistas son Toxío, Tonio Cociña Galega e Fica coa bóla.

O premio de ‘Youtubeira/ou Revelación’ disputarase entre Marcos Borrageros, Histérikas Histórikas e Falemos do Reino de Galicia, mentres que o premio ao mellor Vídeo decidirase entre A Moura, de Contos de Santalla, Bury your gais (Enterra os teus homosexuais)-Investigación documental, de Henfunk Studio, e Eduardita, de Piratas sen parche.

Leave a comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.