A conta de Instagram instagalego denunciou o tratamento xudicial que recibiu un home por falar galego mentras explica o seu caso. Unha denuncia que foi compartida pola Mesa de Normalización Lingüística. Esta institución lembra que na memoria anual do Tribunal Superior de Xustiza do ano 2019 só un 0,04% dos asuntos tramitados procederon á revisión lingüística en galego.
No vídeo pode escoitarse como un home, que comeza a explicar o seu caso en galego, ten que mudar de língua tras dicir supostamente a maxistrada: “Uy por Dios… me podría hablar en castellano”.
Mentres acontece isto nas salas dos xulgados, o @TSXGalicia na súa memoria anual de 2019 recoñece que só procederon á revisión lingüística en galego de 145 documentos dun total de 330.956.
‼️ Unha porcentaxe do 0,04% dos asuntos tramitados. #XustizaParaOGalego https://t.co/f5EUUGhkJe
— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) January 11, 2022