Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Mesa solicita a reactivación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, trasladou a denuncia dende a institución de que a Xunta de Galicia continúa a non reaccionar ás esixencias da sociedade galega mobilizada, hai un mes en Santiago de Compostela, en favor dun "cambio de rumbo" na xestión pública da lingua galega. O presidente, asemade voceiro da plataforma Queremos…

A lingua galega estará máis presente no ámbito xudicial

Fiscalía Superior e Xunta de Galicia veñen de asinar un convenio que favorecerá a presenza da lingua galega nos procesos xudiciais. Coas sinaturas de José López, conselleiro de Cultura, e Fernando Suanzes, fiscal superior de Galicia, o documento está incluido dentro das propostas da actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega, entregado recentemente…

Fátima María Malingre, presidenta da Coral de Ruada: “O Premio Otero Pedrayo anímanos a seguir a defender a Galicia orgullosa e con voz propia”

A Coral de Ruada recibiu este martes, en Ourense o Premio Otero Pedrayo. O recoñecemento, outorgado dende o 1977 a través de diferentes institucións galegas ‒como a RAG ou as deputacións provinciais‒ e dotado de 16.000 euros, pon en valor a labor e traxectoria de personalidades e agrupacións impulsoras da tradición e cultura de Galicia.…

‘Queres falar?’, o voluntariado lingüístico para o contaxio do galego entre a xuventude

Dende a Consellería de Lingua presentaron o programa de voluntariado lingüístico 'Queres falar?', destinado á promoción do uso da lingua galega entre a xuventude mediante o mantemento de conversas entre galegofalantes habituais e persoas que busquen mellorar as súas comentencias no idioma ou incorporalo, novamente, como primeiro idioma. Unha acción moi útil, así como unha…

A Consellería de Cultura abre o prazo para propostas empresariais de dinamización á lectura en bibliotecas

Ata o 20 de xaneiro, a Xunta de Galicia abre a convocatoria da presente campaña 'Ler conta moito 2025', a través da que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca promover o hábito lector entre a poboación dende as instalacións das bibliotecas públicas galegas. Ao catálogo pódense sumar empresas e profesionais galegos do eido…