Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Unha terceira Furgoteca percorrerá Ourense dende xaneiro

Completando as dúas liñas activas dende marzo de 2023 das bibliotecas móbiles ou Furgotecas, impulsadas dende a Xunta de Galicia, súmase a terceira durante o mes de xaneiro. A acción, que busca levar a diferentes puntos do rural galego o contido e cultura existente dentro das bibliotecas públicas que non chega doutro xeito, sumará dez destinos pertencentes á provincia de Ourense. O inicio da rodaxe está programado para o 2 de xaneiro.

Durante o primeiro ano en funcionamento, o material bibliográfico acadou vinte concellos de menos de 2.000 veciños e a oferta chegou a 14.300 persoas. Foron realizadas, asemade, 300 actividades de dinamización cultural. As rutas seguidas viaxan a cada un dos municipios participantes bismensualmente e de dúas maneiras: unha xornada, aséntanse nas localizacións con maior oferta poboacional: mercados, pabellóns deportivos ou centros socioculturais e, noutra, achéganse aos lugares para unha atención máis personalizada.

Os vehículos están acompañados, asemade, de propostas de ocio como talleres, contacontos, conferencias ou actuacións musicais, entre outras. Responde, así, a un tempo á finalidade de Rede Adival de dinamización cultural no rural coa que a Administración busca potenciar a oferta en zonas non urbanas.

 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.