Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Galicia presenta en Estocolmo a súa folla de ruta para impulsar o galego como referente europeo

Galicia levou esta semana a Estocolmo a súa estratexia de promoción e dinamización do galego nun foro europeo centrado na diversidade lingüística e no futuro das linguas propias. O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en distintas reunións da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD), nas que presentou ante representantes doutras…

A Xunta eleva a 300.000 euros as axudas para editar en galego materiais didácticos non universitarios

A Xunta de Galicia incrementou nun 50 % a partida destinada ás axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares dirixidos aos niveis non universitarios, situando a contía total desta convocatoria en 300.000 euros para este ano. Así o recolle a resolución publicada este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), nunha…

A serie galega ‘Pensión incompleta’, recoñecida como exemplo da diversidade lingüística do Estado

A serie galega ‘Pensión incompleta’ foi recoñecida co Premio á Diversidade Lingüística do Estado Español, un galardón que distingue iniciativas a prol da promoción e defensa das linguas oficiais. A decisión foi adoptada na comisión de seguimento do protocolo de colaboración en materia de política lingüística, celebrada este ano en Bilbao e na que participan…

A Xunta destina 350.000 euros a reforzar os servizos lingüísticos municipais en galego

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de subvencións dirixida a impulsar e consolidar os servizos lingüísticos nas entidades locais, cun orzamento total de 350.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 7 de maio. Segundo recollen as bases, o obxectivo desta medida…

Máis de medio millón de euros para reforzar Lex.gal e ampliar a lexislación en galego na rede

O Consello da Xunta aprobou este luns a sinatura dun novo convenio de colaboración para ampliar os contidos e optimizar a tecnoloxía do portal xurídico Lex.gal, unha plataforma que recompila a lexislación da Comunidade Autónoma en lingua galega. O acordo dá continuidade ao subscrito en 2022 e estará vixente ata o ano 2029. A iniciativa…