Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Máis de mil achegas cidadás e expertas marcan a renovación do Plan de normalización lingüística

A Xunta de Galicia recibiu máis de mil achegas no proceso aberto para actualizar o Plan xeral de normalización da lingua galega, segundo anunciou este martes o secretario xeral da Lingua, Valentín García, nunha rolda de prensa celebrada en Santiago. O responsable autonómico explicou que as propostas chegan tanto das once comisións de traballo formadas…

Por que os máis novos abandonan o galego? Expertos analizan o impacto dos prexuízos e a falta de recursos nunha mesa redonda

Na mesa redonda ‘Emerxencia lingüística e perspectivas de acordo arredor da lingua galega’, celebrada este sábado no marco das IV Xornadas de Normalización Lingüística, expertos de diversas institucións analizaron a crítica situación da lingua galega e debateron propostas para garantir a súa supervivencia. Os participantes coincidiron en que a transmisión xeracional e os ámbitos educativos…

O Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade: “reforzando” o portugués en Galicia

A Xunta de Galicia puxo en marcha o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade, un órgano colexiado creado para servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia". Así o detallou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia, onde compareceu por petición propia para informar o…

Neofalantes, o orgullo de falar en galego

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística Nun libro publicado hai uns meses no que colaborei, eu citaba un texto de Manuel Sanchis Guarner de 1974 para ilustrar o que para min constitúe un dos grandes cambios sociolingüísticos que aconteceron no mundo contemporáneo: a progresiva desaparición das sociedades monolingües. Recorro novamente á literalidade do que…

Tentando fomentar o uso da lingua galega nas familias

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu  á inauguración dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Xunta de Galicia. Baixo o título' Desde o berce: a transmisión interxeracional da lingua galega', o evento, que se prolongará ata o…