Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O galego na UVigo, entre a oportunidade e o momento crítico

A situación do galego na Universidade de Vigo presenta, como no resto de universidades galegas, luces e sombras, segundo a análise realizada por Beni Salgado, responsable da Área de Normalización Lingüística da institución. Sen achegar polo momento cifras pechadas, Salgado define o escenario como unha “botella medio chea”, cun marco normativo e administrativo favorábel, mais…

iLingua, un proxecto para promover investigacións en lingüística de primeiro nivel

Preto de 80 expertas e expertos integran xa o primeiro instituto de investigación do ámbito das Humanidades da Universidade de Vigo (UVigo), iLingua, impulsado por uns 38 investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución en 2021. O seu obxectivo é promover e realizar investigacións en lingüística de primeiro nivel, priorizando os proxectos conxuntos e a captación…

A Universidade de Vigo acolle un ciclo de cursos en galego para tradutores

A Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo acollerá en 2025 un ciclo de cursos especializados en lingua galega dirixido a profesionais da tradución e outros ámbitos interesados en mellorar os seus coñecementos lingüísticos. O programa, que se desenvolverá entre febreiro e abril, abrangue temas como a gramática, os neoloxismos e a ortotipografía. Contidos…

O Departamento de Filoloxía Galega da UVigo publica un novo número da revista Cumieira

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina presentou o noveno número da revista Cumieira, unha publicación centrada na divulgación de estudos científicos realizados por investigadoras e investigadores emerxentes no ámbito da lingua e literatura galegas. Esta nova edición inclúe catro artigos de investigación e unha recensión literaria, abordando temas diversos que van desde o impacto…

A Universidade de Vigo publica unha monografía da natureza sociolingüística galega entre a mocidade da Limia Baixa

A investigadora do Instituto Galego da Lingua Reyes Rodríguez Rodríguez vén de publicar, a través da Universidade de Vigo, a monografía sociolingüística A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego. A través dunha análise entre a mocidade da zona da Limia Baixa, Rodríguez relata a situación actual da lingua galega, facendo fincapé nas…