A conta galega de meteoroloxía e fotografía RedMeteo, coñecida pola súa actividade en galego na rede social X, publicou unha reflexión sobre o uso da lingua propia tras recibir comentarios doutro usuario que lle recomendaba escribir en castelán ante a falta de tradución automática para o galego na plataforma.
Captura da publicación da conta de…
O Ministerio de Cultura vén de convocar unha nova liña de subvencións dirixida ao fomento da tradución de libros entre linguas do Estado español, co obxectivo de favorecer a circulación de obras e a súa posterior publicación por parte das editoriais beneficiarias. A convocatoria conta cun orzamento total de 200.000 euros, segundo recolle o Boletín…
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que RTVE continúa sen cumprir as obrigas legais en materia de emisión de contidos en galego, malia que a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual establece porcentaxes mínimas de dobraxe e lexendaxe nesta lingua. Segundo lembra a entidade, o ente público debería ofrecer un 2,5% de contidos en galego en…
A Xunta de Galicia editará en galego o libro Descubre Lugo, obra do investigador e divulgador José Luis Rodríguez Fernández, segundo confirmou este venres o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, durante o acto de presentación celebrado na sede da Delegación Territorial.
Arias cualificou o volume como “un minucioso traballo” e salientou “a acertada estrutura…
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, asinaron este venres na Coruña un convenio de colaboración orientado á formación, o coñecemento e a difusión da lingua galega, con especial atención ao ámbito da linguaxe xurídica.
En virtude deste acordo, a RAG encargarase de verter…
Preto de 80 expertas e expertos integran xa o primeiro instituto de investigación do ámbito das Humanidades da Universidade de Vigo (UVigo), iLingua, impulsado por uns 38 investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución en 2021.
O seu obxectivo é promover e realizar investigacións en lingüística de primeiro nivel, priorizando os proxectos conxuntos e a captación…
A Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo acollerá en 2025 un ciclo de cursos especializados en lingua galega dirixido a profesionais da tradución e outros ámbitos interesados en mellorar os seus coñecementos lingüísticos. O programa, que se desenvolverá entre febreiro e abril, abrangue temas como a gramática, os neoloxismos e a ortotipografía.
Contidos…
A Real Academia Galega pecha este 2024 coa publicación da tradución ao hindi de oito poemas pertencentes ao poemario Papagaio, de Luísa Villalta. O traballo de muda idiomática foi desenvolto por Vikash Kumar Singh e, con este, o acceso ao traballo da conmemorada co Día Das Letras Galegas deste ano pode acadar unha das maiores…