A publicación dun vídeo da influencer viguesa Rebeca Stones no que relataba as súas dificultades para expresarse en galego converteuse nun fenómeno viral que transcendeu o ámbito das redes sociais. Cunha comunidade de máis de medio millón de seguidores, Stones compartiu o seu intento de recuperar a lingua propia e as inseguridades que ese proceso…
Nun instituto galego, unha rapaza acompaña a súa nai a unha reunión co profesorado. No centro de saúde, un neno explica ao médico o que lle pasa ao seu irmán. Noutros casos, unha adolescente transmite unha carta oficial chegada da administración ou interpreta nun comercio. Son escenas cotiás, pero poucas veces nomeadas: a intermediación lingüística…
Francisco Dubert García é profesor titular do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 2000 e investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG), ao que se incorporou como bolseiro en 1989 para traballar na edición do Atlas Lingüístico Galego (ALGa). Doutorouse en 1998 cunha tese sobre o galego falado…
Cando Francisco Franco proclamou en 1938 que na nova España totalitaria se imporía “una unidad nacional, que la queremos absoluta, con una sola lengua, el castellano, y una sola personalidad, la española”, formulaba en voz alta o núcleo da política lingüística que marcaría décadas. A consigna “Hablar como Franco”, difundida en editoriais como o de…
O Consello da Cultura Galega presentou hoxe o libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, un volume colectivo que reúne achegas de especialistas galegos e internacionais arredor dos procesos de construción e negociación das identidades e das ideoloxías lingüísticas en contextos multilingües. A obra forma parte da colección 'Ensaio e Investigación' do CCG e…
Bran Barral Buceta , profesor da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC e pertencente á área de Socioloxía , reflexiona connosco sobre o uso do galego no ámbito …
Henrique Monteagudo, unha das voces máis recoñecidas na sociolingüística galega, é profesor da Universidade de Santiago de Compostela, foi secretario do Consello da Cultura Galega e é membro da Real Academia Galega. Monteagudo leva décadas estudando a evolución do galego e analizando os retos da súa normalización. A súa traxectoria académica e investigadora abrangue dende…
A través de O libro negro da lingua galega, Carlos Callón, profesor de Lingua Galega e Literatura e actual docente de Xeografía e Historia en Lisboa, fai un percorrido pola situación da nosa lingua dende o s. XVI. Partindo do ano 1543, o escritor recolle exemplos da represión que sufriu o galego, para poñer de…