Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Aprender galego por unha oposición e quedar pola cultura: o camiño de Belén, neofalante de Madrid en Cospeito

Belén chegou a Galicia no verán de 2021 procedente de Madrid. Tras vivir na capital española durante anos, decidiu instalarse nunha aldea da provincia de Lugo, concretamente en Xustás (Cospeito), onde se asentou xunto coa súa filla. O cambio de vida estivo motivado en boa medida pola preparación dunhas oposicións á Xunta de Galicia, nas…

Aprender a lingua para formar parte do país: a experiencia de Miguel López del Pueyo, un médico rioxano no rural galego

O médico de familia Miguel López del Pueyo, nado en Logroño (A Rioxa), chegou a Galicia no verán de 2017. A súa mudanza estivo motivada por unha relación persoal: coñeceu unha muller galega, iniciou unha relación e decidiu establecerse no país. Desde entón desenvolve a súa actividade profesional como facultativo no Punto de Atención Continuada…

Marcos, neofalante de Bos Aires: “Defendemos a nosa lingua porque é a historia da nosa familia”

Marcos Federico Fresl Martínez naceu en Bos Aires, medrou entre voces, músicas e lembranzas dunha Galicia que nunca vira, mais que formou dnsde sempre parte esencial da súa vida. Actualmente reside en Mar del Plata, onde traballa no sector da informática e o desenvolvemento, aínda que boa parte da súa identidade está ligada a outro…

“Decateime de que a presenza do galego aqui non era tan boa como pensaba”: a ollada dun docente valenciano sobre a nosa lingua

Chegado dende a Vila Joiosa, no sur do País Valencià, Jaume Silvestre presenta unha traxectoria marcada pola docencia e polo contacto constante coas linguas. Formado en filoloxía inglesa e catalá na Universidade de Alacant, marchou a Inglaterra para exercer como lector de catalán antes de instalarse en Catalunya, onde traballou durante anos como profesor desta…

Chrisitan, neofalante de Venezuela: “Quero ser o primeiro latino en reivindicar o galego”

Christian Lucas (@ elvenegalle) chegou a Galicia hai unha década, procedente de Venezuela, o país onde naceron el e os seus irmáns despois de que os seus pais, emigrantes portugueses, fixesen daquel territorio o seu fogar. “Son venezolano cen por cento, aínda que con sangue portuguesa”, explica cando fala da súa orixe, que resume como…