A Coral de Ruada recibiu este martes, en Ourense o Premio Otero Pedrayo. O recoñecemento, outorgado dende o 1977 a través de diferentes institucións galegas ‒como a RAG ou as deputacións provinciais‒ e dotado de 16.000 euros, pon en valor a labor e traxectoria de personalidades e agrupacións impulsoras da tradición e cultura de Galicia.…
Dende a Consellería de Lingua presentaron o programa de voluntariado lingüístico 'Queres falar?', destinado á promoción do uso da lingua galega entre a xuventude mediante o mantemento de conversas entre galegofalantes habituais e persoas que busquen mellorar as súas comentencias no idioma ou incorporalo, novamente, como primeiro idioma. Unha acción moi útil, así como unha…
A investigadora do Instituto Galego da Lingua Reyes Rodríguez Rodríguez vén de publicar, a través da Universidade de Vigo, a monografía sociolingüística A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego. A través dunha análise entre a mocidade da zona da Limia Baixa, Rodríguez relata a situación actual da lingua galega, facendo fincapé nas…
O País Vasco pecha, este venres, 15 de novembro, unha axenda de actividades arredor da publicación de Carlos Callón O libro negro da lingua galega, de Edicións Xerais, que comezou en Donosti o pasado martes. Como peche para o ciclo, o autor realizará unha presentación da publicación na libraría Elkar de Poza, en Bilbao, acompañado…
Mercedes Queixas é da Coruña e é profesora de Lingua e Literatura Galega. Comezou a falar en galego aos 18 anos despois de pasar por unha situación de diglosia con respecto ao galego.
Co tempo, deuse de conta de que o galego era a lingua na que quería vivir: "Atopábame ben vivindo en galego e correspondíame…
María López Regueiro ten 23 anos e é opositora a profesora de Educación Primaria. Sempre falou castelán no ámbito social, pero ao chegar á Universidade decidiu mudar ao galego.
Ela sostén que para ela algo que fai "especial á xente de Galicia é ter un idioma propio, algo que te identifica".
Borxa González, neofalante: “O único xeito de reverter a situación do galego é darlle uso ao idioma”
Borxa González é traballador social, pero traballa en Orgullo Galego, xa que é o seu promotor.
Aínda que na súa casa sempre se falou galego, el foi educado en castelán e con 16 anos comezou a falar en galego pola súa conta porque deuse de conta de que cada vez o falaba menos xente e pensou…
Saioa Sánchez naceu no País Vasco pero no 2022 decidiu vir vivir a Pontevedra e aí decidiu aprender a falar galego.
"Para min ten moito sentido falar galego se vas vivir a Galicia e forma parte da cultura dos meus pais e da miña".