Carmen Veiga naceu en Madrid, pero casou cun barreirense e xa pasou toda a vida en Galicia.
Di que ao principio, cando empezou a falar galego, ríanse dela, polo que decidiu levar o galego ás aulas, onde os nenos non eran tan crueis.
Agora e desde aquela, sempre fala en galego porque explica "eu sei falar moi…
Álex Rodríguez é da Coruña, aínda que agora está estudando en Santiago.
Comezou hai tres anos a falar en galego e pouco a pouco foi trasladando a lingua á súa vida.
Anima a todos a que o falen, a pesar do estigma e de que nas urbes como na Coruña, de onde vén, haxa prexuízos porque pensa…
Simone Saibene é director de cine e naceu en Italia e xa comezou a ter interese polo galego alí.
Despois, decidiu vir a Galicia e desde 2012 fala galego asiduamente, xa que toda a súa vida é en galego.
En Ourense, ten un programa de televisión en Telemiño, un programa de radio en Onda Cero e tamén…
Adela Figueroa Panisse falou castelán ata que chegou á universidade, onde sentiu o estigma.
Aínda así, sempre tivo claro que defender o galego era unha loita, que ademais se parecía á do feminismo.
Explica que moitas mulleres, pola situación de discriminación por ser mulleres e falar en galego, decidiron non transmitir a lingua ás súas crianzas, o…
Rubén González é de Ourense pero creceu en Vigo, onde case todo o mundo falaba castelán.
Despois, marchou cara a Sigüeiro, onde se falaba máis galego, así comezou en serio o seu cambio.
Co nacemento do seu fillo en 2015, decidiu implantar o galego na súa vida de forma cotiá para transmirlle esta lingua ás seguintes xeracións.
Sobre…
Carla Scarpenti, de Uruguai, comezou a falar galego hai tres anos debido a que ten amigos de Galicia que son neofalantes.
Este contáronlle a importancia do galego e ela quixo pór o seu graniño de area.
Cre que "non podemos deixar morrer a lingua" porque "é unha lingua moi bonita e un pilar moi importante de Galicia".
Beatriz Dourado, nada en Barcelona pero con pais e familia galega.
Sufriu o estigma, pero canto máis apostaba pola lingua, máis normalizado estaba ao seu redor que ela a falase.
Di que segue habendo estigma porque "non hai unha normalización lingüística a nivel social axeitada nin unha aposta política para conseguila".
Porén, ela aposta o uso da lingua…
Hasler Iglesias naceu en Venezuela dun pai galego e dunha nai venezolana. Aos 10 anos sufriu a morte do seu pai asasinado no seu país e como di el, deixoulle unha pegada inesquecible con respecto a Galicia.
Por iso, veu vivir ao noso país para tomar contacto coa cultura galega, que inclúe a lingua.
A…