No CPI As Revoltas, en Cabana de Bergantiños, a lingua galega non se traballa só como unha materia. Cántase, entrevístase, regueifase, dramatízase, investígase, lévase á radio, convértese en festa e tamén en memoria familiar. Esa é a base de 'Revolta Galega', o proxecto co que o centro vén de gañar un dos Premios Mil Primaveras,…