Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

‘Territorio Regueifa’ estrearase finalmente en febreiro de 2026 no FIOT de Carballo

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) retomará en febreiro de 2026 a estrea absoluta do espectáculo 'Territorio Regueifa', unha produción escénica centrada na improvisación oral e na tradición da regueifa. A función terá lugar o venres 6 de febreiro, ás 21:00, no Pazo da Cultura de Carballo. A peza é unha coprodución…

Carballo inicia un obradoiro para que os recén chegados poidan familiarizarse coa lingua galega

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo puxo en marcha unha nova edición do obradoiro de acollemento lingüístico, unha iniciativa dirixida a persoas que chegan a Galicia e desexan familiarizarse coa súa lingua e cultura. O curso terá lugar nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a partir do 4 de febreiro e…

A RAG propón cambiar a grafía dunha parroquia de Carballo tras anos de controversia

A Real Academia Galega proporá á Xunta de Galicia que recolla no Nomenclátor revisado un cambio de grafía no nome da parroquia carballesa de Berdillo, ata agora escrito oficialmente con B. O Seminario de Onomástica da institución determinou, logo dun demorado e completo estudo, que as atestacións gráficas históricas autorizan a propor que pase a escribirse Verdillo, con V.…