A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración en apoio da única toponimia oficial de Ourense esta quinta feira (xoves) diante dos xulgados desta urbe, coincidindo co xuízo polas supostas actuacións nun balado que promovía a deturpación do nome da cidade das burgas impulsado desde a entidade Hablemos Español. A mobilización terá por lema Ourense polo seu nome e…
A Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego anuncian o regreso da publicación LongaLingua, que desta volta adopta un formato dixital e podcast, logo de ter funcionado en papel entre os anos 2006 e 2010. A nova etapa da revista estará dirixida pola xornalista Eva Fernández Prieto e contará cun enfoque renovado para…
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá este xoves 20 ás 19:00 na aula C01 unha conversa sobre a lingua na que participarán especialistas de distintos ámbitos. O evento, organizado por Erguer, colectivo de estudantes, contará coa presenza de Alba Nogueira, xurista e membro correspondente da Real Academia Galega (RAG), Elías…
Representantes de sindicatos, confederacións de ANPAs e movementos de renovación pedagóxica reuníronse este mércores en Santiago de Compostela para expresar a súa inquietude sobre a situación do galego no ensino. Os colectivos consideran que a lingua está nunha situación preocupante, pero insisten en que "todo é reversíbel se se activan todas as ferramentas sociais e…
A Mesa pola Normalización Lingüística informou de que acudirá á litigación estratéxica ante a Audiencia Nacional para defende o dereito a empregar o galego nos exames da UNED. Segundo sinalan nun comunicado, piden a revogación íntegra da sentenza do xulgado central do contencioso administrativo, que "valida a vulneración dos dereitos lingüísticos dun estudante ao que non se lle…