Guido Álvarez vén de gañar o premio 'Travellers Choice' de TripAdvisor, un recoñecemento polo seu traballo de guía turístico en Lugo e en galego, a lingua que decidiu usar en todos os ámbitos da súa vida, tanto no persoal como no profesional.
"Encántame que sexa recoñecido un proxecto que é en galego; as redes sociais téñoas…
No 1947 nacía o primeiro programa regular de radio en galego, o Galician Programme. Durante nove anos, a BBC de Londres acolleu programación en galego, permitindo oír a lingua da comunidade en calquera recuncho, nun momento no que o galego e a súa cultura eran perseguidas pola ditadura franquista.
Foi o 14 de abril de…
A través de O libro negro da lingua galega, Carlos Callón, profesor de Lingua Galega e Literatura e actual docente de Xeografía e Historia en Lisboa, fai un percorrido pola situación da nosa lingua dende o s. XVI. Partindo do ano 1543, o escritor recolle exemplos da represión que sufriu o galego, para poñer de…
A Cidade da Cultura acolleu o pasado 14 de xuño a entrega dos Premios #Dígochoeu, que premiaron a 4 centros escolares promotores da lingua galega. O concurso, que consistía na elaboración dun vídeo que encaixase co contido do espazo #DígochoEu, tivo como vencedor ao CEIP Plurilingüe San Clemente, de Caldas. O centro recibiu o premio…
Adelaida, como moitas avoas galegas, non aprendeu a ler de cativa. No seu caso, non foi ata os 34 anos de idade cando poido entender que era o que dicían as letras coas que se podía atopar. A súa bisneta é Évora Parcero, e aínda que nunca coñeceu á súa bisavoa, o amor cara ela…
A través da declaración Galeusca pola diversidade linguística e cultural no âmbito educativo, as Escolas de Ensino Galego Semente, xunto con Ikastolen Elkartea de Euskal-Herria e La Bressola, de Cataluña, as tres institucións uníronse en favor das linguas e dunha educación autocentrada nas realidades nacionais de cada unha das súas comunidades. A declaración foi presentada…
O pasado 11 de xuño o convento de Santa Clara de Pontevedra acollía a entrega de premios da terceira edición dos Premios “Mil Primaveras”, que recoñecen iniciativas levadas a cabo no ámbito da normalización lingüística. Os proxectos CantáMOLA en galego, Twitter e Instagram en galego, o Diccionario galego para boomers, Media Laranxa, Xandobela. Educación e…
Se sorprende como medran os contidos en galego nas redes sociais, aínda é máis abraiante que estes creadores sexan neofalantes. É o caso de Andy Chichester, que dende a súa canle de Youtube Mira quen fala galego comparte vídeos neste idioma.
Que o galego non ten fronteiras é algo que se demostra cada vez máis,…