Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Beatriz Dourado, neofalante: “Como dicía Castelao, o galego é o que nos define como pobo”

Beatriz Dourado, nada en Barcelona pero con pais e familia galega. Sufriu o estigma, pero canto máis apostaba pola lingua, máis normalizado estaba ao seu redor que ela a falase. Di que segue habendo estigma porque "non hai unha normalización lingüística a nivel social axeitada nin unha aposta política para conseguila". Porén, ela aposta o uso da lingua…

O Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade: “reforzando” o portugués en Galicia

A Xunta de Galicia puxo en marcha o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade, un órgano colexiado creado para servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia". Así o detallou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia, onde compareceu por petición propia para informar o…

Unidade entre entidades de Galicia, Euskadi e Cataluña para conmemorar o nacemento de Castelao e Rosalía

Representantes de entidades sociais de defensa das linguas minoritarias do Estado homenaxearán a Castelao e a Rosalía de Castro, o domingo 22 de xaneiro ás 12h no Panteón de galegos ilustres, nun acto que contará con intervencións de representantes da Mesa pola Normalización Lingüística, de Euskalgintzaren Kontseilua e da Plataforma per la Llengua e coa…

Trans, zápping ou alfarroba … Queres coñecer as 400 novas entradas do Dicionario da RAG?

Idadismo, idadista, cis, trans, deporte electrónico, aeroxerador ou antropoceno xa forman parte do Dicionario da Real Academia Galega . Este dicionario rematou o ano 2022 con case 35 millóns de consultas e a incorporación de preto de 400 cambios entre novas entradas, novas acepcións en lemas xa rexistrados e modificacións de redacción das definicións. O repertorio dispón…

O teu mellor propósito para 2023

Pilar Ponte, docente e impulsora do plan '21 días co galego' Chega o 31 de decembro, vinte e catro horas nas que reunimos présas, compras, balances e celebración, moito para un único día, non si? E inevitablemente coas badaladas e como froito dese balance veñen os desexos e bos propósitos: vou gozar máis dos amigos…