O espírito guerreiro da fula, unha frauta tradicional de Guinea, de Abraham Cupeiro acompañou as escenas do novo filme ‘Gladiator II’, en carteleira. A súa arte, e forza, non fica queda entre estes créditos filmográficos, tendo a axenda do que queda de 2024 con máis de 120 datas marcadas con concertos por toda a xeografía, dende Tasmania a Toronto.
Ver esta publicación en Instagram
Cupeiro, mentres da a volta por todo o mundo, non deixa de ser celebrado na súa terra. Cunha bandexa de notificacións a estourar, por unha ollada rápida ao contido dos seus perfís nas diferentes plataformas sociais, continúa cos seus concertos axendados. Hoxe toca Zamora mais, na finde, volve ao fogar.
🎵🔥 O poder do karnyx resoará no noso lar.
O galego Abraham Cupeiro actúa no céspede de #AbancaBalaídos antes do #CeltaBarça!
Un músico sen igual que abraiará co son deste instrumento celta de batalla.
📅 Sábado
⏰ 8:45pm
🏟️ Abanca Balaídos pic.twitter.com/AsDgrW9JXA— RC Celta (@RCCelta) November 21, 2024
Desta volta facendo soar o seu “karnyx” celta, un instrumento prerromano empregado como quecemento espiritual e anímico para a entrada en combate, Cupeiro acompañará e motivará o sentimento azul en Balaídos este sábado. O galego fará soar, co mesmo ímpetu guerreiro, a súa música antes do encontro, ás 20:45 horas, entre Real Clube Celta de Vigo e o Fútbol Club Barcelona.