Roi Álvarez ten 19 anos e é de Teo. De pequeno falaba galego, logo pasou a castelán e agora decidiu volver a falar en galego porque era o idioma no que se sentía máis cómodo.
Di que os motivos para falar galego son políticos, xa que para el “falar galego é unha forma de honrar a todas as persoas que defenden a lingua e que morreron por defendela”.