Dende a Consellería de Lingua presentaron o programa de voluntariado lingüístico ‘Queres falar?’, destinado á promoción do uso da lingua galega entre a xuventude mediante o mantemento de conversas entre galegofalantes habituais e persoas que busquen mellorar as súas comentencias no idioma ou incorporalo, novamente, como primeiro idioma. Unha acción moi útil, así como unha moi boa nova, para o movemento #Neofalantes!
Os grupos de mocidade galega realizarán os seus encontros nas instalacións dos Espacios Xove existentes no territorio. Nos centros, os diferentes falantes poderán ter conversas nas que practicar o galego durante dúas horas á semana, ademais de realizar outras tipoloxías de actividades aínda por complementar o proxecto.
Valentín García, representante do departamento administrativo, indicou que a iniciativa forma parte do plan de medidas elaborado ao amparo do Pacto pola Lingua que o Goberno autonómico desenvolve coa implicación de grupos parlamentarios e diferentes institucións para o aumento da presenza do idioma.