Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O TSXG condena a Hablamos Español a pagar 2.000€ tras insistir en recibir as programacións educativas en castelán

A asociación Hablamos Español terá que pagar 2.000 euros, 1.500 euros á Comisión de Transparencia de Galicia e 500 á Consellería de Educación, logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitara o seu recurso para que esta consellería traducira ao castelán as programacións educativas.

Négannos as programacións didácticas en español, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSJG) dálles a razón e encima, impóñennos as costas”, di nun comunicado a entidade que dirixe Gloria Lago, ex presidenta de Galicia Bilingüe.

Esta entidade suxire que a sentenza é “disparatada”.

A Comisión de Transparencia alega que é abusivo pedir as programacións didácticas en castelán, porque só as teñen en galego, terían que traducilas e son moitas. “En Galicia prohiben aos profesores redactalas en español, así que non nolas dan e encima cóbrannos”, insiste a entidade.

O TSXG dá por boa esta disparatada interpretación dunha norma, que supón baleirar de contido o dereito que di recoñecer. Confunden o concepto información coa lingua na que se expresa. E encima impóñennos as costas segundo a minuta achegada polo avogado da Administración (que está en persoal)”, critican.

“Hablamos Español propúxolle á consellería que nos desen 50 programacións didácticas en español e que nos enviasen o resto de forma gradual. Pedímolas en formato dixital. En definitiva, démoslles todo tipo de facilidades. Pero negáronse. O motivo é que de ningunha maneira queren que eses documentos estean en español”, conclúen nun comunicado.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.