Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O Premio Narrativa Breve recoñecerá con 12.000 euros a creación literaria en galego

Dende o 2006 o Premio Narrativa Breve en lingua galega busca promover a creación literaria na nosa lingua, outorgando un total de 12.000 euros á persoa gañadora, así como a publicación da obra por parte da Editorial Galaxia.

O certame, promovido pola Fundación Repsol e a Xunta de Galicia busca fomentar a cultura e a lingua galega, ofrecendo “unha vía de promoción para que escritores e escritoras en galego poidan seguir creando e amosando o seu talento na nosa lingua”, como destacou o secretario xeral de Política Lingüística Valentín García.

Durante 16 anos, o certame, que conta co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, leva premiando a diferentes autores do panorama literario galego. Miguel Sande, Xavier Lama, Ángeles Sumai, Xosé Luís Martínez Sumai, Xosé Luís Martínez Pereiro, Xurxo Sierra, Fernando Díaz-Castroverde, María López Sandez, Santiago Lopo, Marcos Calveiro, Xosé A. Neira Cruz, Antón Lopo e Gonzalo Hermo son os nomes que se atopan detrás de todas as edicións dos Premios. Destaca na historia do concurso a escritora Berta Dávila, que acadou o recoñecemento dúas veces, coas súas obras O derradeiro libro de Emma Olsen, no 2014, e Illa Decepción, no 2020.

As bases, que están dispoñibles nas webs nas webs fundacionrepsol.com acoruna.repsol.es, especifican que os textos presentados deberán ter unha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120. As obras deberán ser, ademais, orixinais e escritas en galego. Ata o próximo 31 de xullo, os escritores e escritoras poderán presentar as súas novelas e a vencedora será dada a coñecer no mes de setembro.

Esta nova edición presentouse o pasado 22 de xuño na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, onde estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a xerente da Área Institucional da fundación Repsol, Mercedes Gómez Badiola, e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.