O Concello de Ames volve facer entrega do Premio Lingua e Empresa, co que busca poñer en valor o uso da lingua galega dentro do tecido empresarial, ben sexa a través da comunicación externa ou interna. A iniciativa, promovida dende as concellerías de Normalización Lingüística e Promoción Económica, vai dirixido ás empresas con sede social ou centro de actividade no concello. Desta volta, poderán ser recoñecidas ata 34 compañías, que foron as que se presentaron para a presente convocatoria e que pasarán a ser avaliadas polo xurado.
A neofala das empresas
Estes recoñecementos, dende e entre o local, son entregados por séptima volta no municipio mahián. A campaña dividida en dúas categorías. A primeira engloba ás empresas que teñen un uso consolidado e estable do galego dende hai máis de dous anos, mentres que a segunda recoñece a todas aquelas que naceron nos últimos dous anos ou que incorporaron o galego nese período.
A dotación económica será de 3.000 euros, 1.500 para cada unha das categorías. Ademais, as gañadoras contarán cunha campaña de difusión en Ames Radio, a emisora municipal do concello.