Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O Celta únese aos clubes que non aman o galego e relega o idioma a unha conta secundaria en Tuiter

O Real Club Celta de Vigo é o único equipo de Galicia na máxima categoría do fútbol español. Isto podería ser unha porta para expandir a cultura galega máis aló das nosas fronteiras. Mais, polo menos vía Tuiter non vai ser así. A conta oficial do equipo celeste pasará a ser completamente en castelán, marxinando a lingua galega a unha conta secundaria.

Ata este ano 2022, o Real Club Celta de Vigo combinaba nas súas redes sociais oficiais o galego e o castelán. Mais dende hai un tempo, só o facía en castelán. As protestas non tardaron en chegar a través das redes sociais, pero a solución non pasou por voltar á fórmula anterior, senón a relegar ao galego a un conta secundaria, @RCCeltaGL.

O Celta únese así ao Pontevedra e ao Ferrol como os equipos galegos que discriman o galego e priorizan o uso do castelán. Este movemento foi calificado polos aficionados como “vergoñento”, “penoso” ou “falta de respeto”. Ademais, moitos deles anunciaron que deixaron de seguir a conta “principal” para non apoiar este cambio de política por parte do clube olívico.

https://twitter.com/MateosxG1/status/1488569925308489732

https://twitter.com/Dijochoeu/status/1488793125422354434

2 Comenta

  • Guadalupe Lopez
    Enviou 29 Marzo, 2022 ás 00:41

    Pobreza .!!!!!!

  • Felipe Gallego Torrado
    Enviou 20 Abril, 2022 ás 21:05

    Será no twitter, o facebook está en galego.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.