Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Novas axudas para apoiar a tradución de libros ao galego

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores as bases reguladoras para a concesión das axudas de 2025 destinadas á tradución ao galego de obras literarias publicadas orixinariamente noutras linguas. O obxectivo da convocatoria é reforzar o apoio ao libro galego e contribuír ao fortalecemento do mercado editorial en galego, mediante o financiamento parcial dos custos de tradución.

Segundo recollen as bases, poderán beneficiarse destas axudas aquelas publicacións en formato papel ou dixital que sexan traducidas despois da data da convocatoria, e nas que só se subvencionará un único proxecto por obra. No caso de que existan varias solicitudes para o mesmo título, a subvención concederase á proposta que máis puntuación obteña segundo os criterios establecidos. En caso de empate, prevalecerá a solicitude presentada en primeiro lugar.

Máis información en Galicia Confidencial

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.