Mondoñedo foi a sé da XXV edición do Correlingua na Mariña. Esta actividade está organizada pola AS-PG, a Mesa pola Normalización Lingüística, e a CIG–Ensino e conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. É unha proposta de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de crecer en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Esta edición contou coa participación de 1000 alumnas e alumnos da Mariña, e 12 centros de ensino da comarca. Durante a andaina, o alumnado foi protagonista coas súas voces e pandeiretas, festexando así as cantareiras polo Día das Letras Galegas. O evento contou coa presentación de Fran Rei e finalizou nunha festa coa música de Paco Nogueiras e Mekánika Rolling Band. O alumnado do IES Perdouro de Burela e o IES San Rosendo de Mondoñedo leron o Manifesto do Correlingua 2025, pois ambos centros participaron na súa elaboración no contexto dun taller literario coas escritoras María Lado, Ana Carreira e Lucía Aldao.
Centros que participaron:
CEIP PLURILINGÜE PEDRO CASELLES ROLLÁN | Xove |
IES de Foz | Foz |
IES Perdouro | Burela |
IES VILAR PONTE | Viveiro |
IES DE RIBADEO DIONISIO GAMALLO | Ribadeo |
I.E.S. Illa de Sarón | Xove |
IES MONTE CASTELO | Burela |
IES Plurilingüe San Rosendo | Mondoñedo |
CEIP Peninsula da Paz | Cervo |
CEIP Álvaro Cunqueiro Mora | Mondoñedo |
CIFP Porta da Auga | Ribadeo |
CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz
CEIP Juan Rey |
Ribadeo
Lourenzá |