O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu este luns a diversos actos organizados no marco da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León para celebrar o Día do Galego no Bierzo, que tivo lugar o pasado domingo, 9 de marzo. A súa presenza en actividades educativas e culturais responde á intención do goberno galego de fortalecer a presenza da lingua galega en territorios limítrofes, como O Bierzo e Sanabria.
O representante da Xunta acudiu á sétima edición das Xornadas Martín Sarmiento, celebradas en Villafranca do Bierzo, e tamén aos centros educativos de Cacabelos, onde participou na entrega da quinta edición do Premio Morais, un certame escolar que nesta ocasión se centrou no poema ‘O Entroido’.
Máis información en Galicia Confidencial