Un grupo de científicos do CSIC son os responsables da elaboración do Calendario científico escolar 2022, destinado a alumnado de ensino primario e secundario.
O calendario tal e como recolle culturagalega.org conmemora aniversarios científicos ou tecnolóxicos, como o nacemento de persoas significativas neses ámbitos ou de achados destacables. O calendario preséntase en diferentes idiomas, entre eles o galego, e ofrece tamén unha guía didáctica con numerosas actividades adaptadas a cada rango de idade.