Carlos Blanco, actor e humorista, comezou a falar en galego despois de darse de conta de que "non tiña sentido traballar en galego e falar en castelán", pero tamén por transmitirlle ao seu fillo o amor pola lingua da terra: "Cambiei ao galego dun día para o outro".

Rubén Constenla ten 38 anos e leva desde o 2016 falando galego, aínda que todo comezou no 2011, cando comezou a tomar consciencia do problema do galego ao participar no movemento do 15M.
Foi criado en castelán porque a súa nai cría que era o mellor para a súa educación, pero deuse de conta co tempo…

Iris McKirdy naceu en Escocia, pero leva case toda a súa vida na Coruña, onde tivo o seu primeiro contacto co galego ao involucrarse no activismo.
Ao principio, comezou a falar en galego para mimetizarse coa contorna, pero logo deuse de conta de que era o "seu deber" falar en galego porque é o idioma da…

Matt McGinn é de Reino Unido, ten 29 anos e está facendo a súa tese doutoral sobre a identidade galega e o fútbol. Actualmente, vive en Vigo, onde aprendeu a falar galego para integrarse na sociedade e para a súa tarefa académica.
Di que para el é unha ledicia ver a cara da xente cando ve…
Samuel Hofstetter ten 24 anos, é de Suíza e México, pero agora está vivindo en Madrid, estudando Relacións Internacionais.
Di que comezou a ter contacto co galego por amizades e escoitando algún podcast, polo que vir a Santiago non foi o primeiro contacto coa lingua, pero ao principio dáballe "medo". Agora, cre que é "hai moitísimo…
Paige Barton é dos Estados Unidos e está facendo unha tese doutoral do galego, xa que lle interesan moito as linguas minorizadas.
Cre que a xente de Galicia se sorprende moito ao escoitar aos estranxeiros falar galego, pero para ela é unha forma de deixar pegada neles, para que se animen a comezar: "Falade galego porque…
William McGrew ten 28 anos e é da Luisiana, dos Estados Unidos, e veu a Galicia polo seu amor á lingua como xornalista e economista, xa que considera que a lingua "é unha parte esencial da identidade dun pobo".
Ademais, a súa avoa era de Mugardos, aínda que na casa non se falou nunca galego, por…