Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A versión 4.0 do Corga: o galego en 43.162.364 palabras ortográficas 

O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) presentou a súa nova versión 4.0. Unha versión con máis de 43 millóns de palabras en galego. O CORGA, que abrangue dende 1975 ata a actualidade, ten como obxectivo fornecer datos para o estudo da lingua galega actual dende múltiples perspectivas: léxica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica, terminolóxica ou comunicativa,…

Ciencia en galego, catalán, éuscaro e castelán para visibilizar ás mulleres científicas

A Universitat Oberta de Catalunya impulsa un certame de vídeos para animar ás mulleres a cursar estudos do ámbito STEM. Os audiovisuais poderán presentarse en castelán, catalán, éuscaro ou galego e serán avaliados de cara a de tres categorías: dúas dirixidas a escolares e unha para adultos. Así o veñen de apuntar dende a institución catalana e…

Aproveita e participa no concurso de “petiscos de ciencia” en galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo convocou, co apoio do SNL da USC, o concurso de vídeos 'Petiscos de ciencia' para "achegar a actividade científica á mocidade", ademais de para "favorecer a divulgación en lingua galega dos contidos do labor que desenvolve a comunidade investigadora". O certame, tal e como informa…

Alice Piccardi, unha italiana en Galicia: “Colléronme a traballar cando cambiei o castelán polo galego na entrevista”

A xornalista italiana afincada en Galicia Alice Piccardi contou na sétima edición do proxecto LGx15 a súa experiencia co idioma ao chegar e vivir en Galicia e, por suposto, falando galego. O seu primeiro contacto co galego foi a través da web da Universidade de Santiago de Compostela (USC) na procura dun destino de Erasmus.…

Coñece novas experiencias para saber cal é o presente e o futuro para a nosa lingua

Esta primeira semana de febreiro estivo marcada pola presentación de dous proxectos que promoven o uso do galego na rede. Ambos utilizan o vídeo para divulgar diferentes elementos da lingua galega. O primeiro, as "Brincadeiras da lingua", unha serie de vídeos difundidos polo Portal da Lingua Galega sobre os ditos e os recitados infantís tradicionais.…

Unión de todo o sector do audiovisual para que o galego estea presente na Lei do Audiovisual

A normalización lingüísta ten que pasar si ou si polo sector audiovisual, un sector chave para a difusión da lingua. Por isto, dende o Grupo de Estudos Audiovisuais, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG),…