A vixésima primeira edición do Simposio anual do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) estará centrada na conmemoración do quincuaxésimo aniversario deste instituto. Ademais de facer balance do labor realizado nestes primeiros 50 anos e reflexionar sobre os retos futuros, o programa deseñado homenaxeará a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González…
Este 21 de setembro arrincou en Santiago o terceiro encontro do festival de poesía Alguén que respira!. Esta cita forma parte das catro que se celebran ao longo do ano coincidindo sempre nos días 21 de solsticios e equinoccios.
O festival comeza con dúas accións poéticas de estéticas moi marcadas. O ruído do lume (A palabra…
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou esta mañá o seminario internacional A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana, un encontro de reflexión e análise coordinado polo proxecto Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dirixido pola investigadora Marta Neira e…
“O topónimo que lle dá nome ao concello de Triacastela e unha das súas parroquias procede do latín TRIA CASTELLA, que significa ‘tres castelos’. TRIA é o plural neutro do numeral tres e CASTELLA é o plural neutro de CASTELLUM < CASTRUM ‘castro’. Polo tanto, fai referencia á existencia de ‘tres castriños’ neste territorio”. En…
A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra está de volta. Logo da obrigatoria paréntese provocada pola pandemia, a iniciativa de divulgación da toponimia galega, coordinada pola Real Academia Galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, chegará a nove concellos do país co fin de difundir a nosa riqueza toponímica e involucrar…
O xurado dos Premios á calidade lingüística da USC acaba de facer público o seu ditame na modalidade de traballos académicos. Esta convocatoria busca fomentar entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego. Na primeira das modalidades de que constan estes Premios, a dos traballos académicos de grao, concorreron dezaseis propostas,…
A Academia Galega de Língua Portuguesa e a Comissão Temática de Promoção e Difusão da Língua Portuguesa dos Observadores Consultivos da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa celebra este luns no Centro de Estudos Avanzados da USC un foro que se desenvolve baixo o lema ‘Português, multilinguismo e ensino à distância’.
O reitor Antonio López presidiu…
O xenetista Ángel Carracedo (Santa Comba, 1955) e a psiquiatra Iria Veiga (Ferrol, 1981) protagonizan o último capítulo da serie ‘Conseguiremos’, a produción audiovisual que abre o proxecto da USC e da Real Academia Galega (RAG) ‘Novas voces para a lingua’, concibido para darlle voz á mocidade con talento que vive e crea en galego.…