A investigadora do Instituto Galego da Lingua Reyes Rodríguez Rodríguez vén de publicar, a través da Universidade de Vigo, a monografía sociolingüística A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego. A través dunha análise entre a mocidade da zona da Limia Baixa, Rodríguez relata a situación actual da lingua galega, facendo fincapé nas…
Na súa vixésimoquinta edición, os Premios Manuel Beiras seleccionan a empresas do panorama territorial que empreguen e impulsen o uso do galego. Desta volta, co lema "En galego, empresa/comercio + intelixente", as marcas recoñecidas son Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers. A gala tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela este dous de…
Dende equivalencias de extensións a unha reformulación da bandeira ―con explicación da simboloxía incluida―, o veciño mahián e estudante de MIR Eduardo González traslada Galicia ao Mundo, sen olvidar acoller este na casa, a través de infografías, mapas e cuestionarios que comparte na súa conta de Instagram. O seu é un exemplo que constata a…
A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística rende homenaxe en Santiago de Compostela, o vindeiro 13 de decembro, ao membro activo do transversal proceso de normalización lingüística, Xosé M. Rodríguez-Abella. O protagonista do segundo venres deste mes foi un recoñeñecido pedagogo da capital galega, ocupando o posto de responsable do Servizo de Educación e…
O proxector pedagóxico en galego do CCG estrea nova escolma: cambio climático e catástrofes naturais
Como cada primeiro martes de mes, este 3 de novembro a iniciativa "Proxector" do Consello da Cultura Galega estrea nova escolma audiovisual ao respecto dunha temática de actualidade e relevancia. Co título "A adversidade nos mapas do tempo", o compendio de vídeos en lingua galega con obxectivo pedagóxico aborda as consecuencias do cambio climático e…
Presentada este domingo en Pontevedra, no marco da 17º feira Culturgal, 'Bibopalula' supón a primeira serie de animación musical en lingua galega. Mahía é o apelido que se atopa detrás da súa creación e dirección, por parte de Andrés e Laura, que buscaron achegar o mundo natural á infancia galega a través dun relato cheo…
O Plan xeral de normalización da lingua galega será renovado, tras a proposta realizada pola Xunta de Galicia, coa creación de once comisións de traballo que abranguen moi diversos eidos. Así o presentou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, aos representantes dos grupos parlamentarios cos que se reuniu para a continuación…
A convocatoria deste curso 2024-2025 para o concurso de curtas de animación en lingua galega, no marco do programa 'Nós tamén creamos!', vén de abrir a súa caixa de correo. O proxecto participativo, convocado dende a Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude xunto coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación…