Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O galego, de lingua perseguida ao amparo baixo a lei: balance no 50 aniversario da morte de Franco

Cando Francisco Franco proclamou en 1938 que na nova España totalitaria se imporía “una unidad nacional, que la queremos absoluta, con una sola lengua, el castellano, y una sola personalidad, la española”, formulaba en voz alta o núcleo da política lingüística que marcaría décadas. A consigna “Hablar como Franco”, difundida en editoriais como o de…

A Mesa leva a Barcelona o apoio europeo ao proceso Lingua Vital

A Mesa pola Normalización Lingüística participou esta fin de semana en Barcelona na Asemblea Xeral da European Language Equality Network (ELEN), unha cita centrada na necesidade de garantir que o desenvolvemento das novas tecnoloxías non comprometa a diversidade lingüística no ámbito europeo. O encontro reuniu representantes de múltiples organizacións e institucións comprometidas coa defensa das…

Alingua: a rede que quere sacar os servizos de normalización da soidade e da precariedade

No Consello da Cultura Galega, no marco do XXVII Encontro para a normalización lingüística, Conchi Cochón Rodríguez debuxou unha panorámica de case tres décadas de traballo conxunto arredor da lingua galega dende os concellos e resumiu a filosofía que sostén Alingua, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, nacida en 2019 para dar estrutura…

A plataforma Queremos Galego denuncia que só o 0,09% dos orzamentos da Xunta se dedica á lingua

A plataforma Queremos Galego denunciou esta mañá que os orzamentos da Xunta para 2026 “confirman que o Goberno galego non ten intención de enfrontar a emerxencia lingüística”. O voceiro da entidade, Marcos Maceira, advertiu en rolda de prensa que “a ausencia de calquera referencia á lingua na lei de medidas fiscais que acompaña os orzamentos,…

A Escola de Neofalantes lanza unha nova edición do curso ‘Galego para Neofalantes’ en Lourenzá

A Escola de Neofalantes, iniciativa cultural posta en marcha a comezos deste ano en Lourenzá, vén de anunciar unha nova edición do curso ‘Galego para Neofalantes’, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender a lingua galega e acadar a competencia necesaria para obter a certificación Celga. O programa combina formación lingüística e actividades de…