Xa está dispoñible a web oficial de Xogalego, un catálogo en liña de videoxogos en galego que nace co obxectivo de facilitar a localización de títulos dispoñibles nesta lingua. O proxecto preséntase como unha ferramenta aberta pensada para superar as dificultades que ofrecen as grandes plataformas dixitais á hora de identificar xogos que inclúan o…
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) retomará en febreiro de 2026 a estrea absoluta do espectáculo 'Territorio Regueifa', unha produción escénica centrada na improvisación oral e na tradición da regueifa. A función terá lugar o venres 6 de febreiro, ás 21:00, no Pazo da Cultura de Carballo.
A peza é unha coprodución…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou este venres a nova edición de Nadal en Rede, a campaña de dinamización lingüística impulsada pola Xunta de Galicia que alcanza neste 2025 a súa décimo cuarta edición. A programación inclúe actividades de lecer en galego dirixidas tanto á rapazada como ao público adulto e desenvolverase durante…
No acto de peche das conmemoracións polo 50 aniversario da Facultade de Filoloxía da USC, coa presentación do libro De Mazarelos a Vista Alegre, o decano Elias J. Feijó aproveitou para ir máis alá da efeméride e debuxar o lugar que, ao seu xuízo, ocupa hoxe o centro na sociedade galega.
Nunha conversa previa ao…
A Mesa pola Normalización Lingüística, xunto con organizacións como Ciemen, Kontseilua, Escola Valenciana e Iniciativa polo Asturianu, trasladou hoxe ao Congreso dos Deputados a súa petición dun “debate profundo” que permita ao Estado “mudar todo canto for preciso para garantir iguais dereitos e deberes” ás linguas oficiais e ás que reclaman este recoñecemento nos seus…
O Programa de promoción do galego nos territorios de Castela e León limítrofes con Galicia confirma a súa consolidación ao chegar neste curso 2025-2026 ás 1.207 persoas matriculadas, unha cifra que supón un incremento de case trinta estudantes respecto ao ano académico anterior. Así o trasladou a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tras a…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, supervisou hoxe o desenvolvemento da primeira convocatoria do Celga realizada integramente en liña, un formato que espertou un notable interese ao rexistrar máis de 600 solicitudes para un total de 100 prazas dispoñibles. A proba, celebrada desde a plataforma tecnolóxica habilitada pola Administración autonómica, supón un cambio significativo…
A Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña puxo en marcha unha nova edición da campaña ‘Un outono cheo de letras’, unha iniciativa que permanecerá activa ata mediados de decembro co obxectivo de promover a lectura en galego e subliñar o seu papel na dinamización social da lingua. A acción desenvolverase fundamentalmente nas redes…