A Universidade da Coruña (UDC) convoca axudas á investigación en lingua galega. A bolsa está destinada ao alumando da UDC que defenda teses de doutoramento, traballos, traballos de fin de mestrado e traballos de fin de grao.
Aquelas persoas interesadas en redactar e defender o traballo en lingua galega, recibirán unha contía económica de entre 100 e 400 euros e asesoramento lingüístico por parte do Servizo de Normalización Lingüística (SNL). Este resolverá dúbidas ou realizará unha revisión dos traballos de investigación.
Con esta iniciativa, a Universidade da Coruña, en colaboración coa Consellaría de Educación, Cultura e Universidade, pretenden impulsar o galego en traballos de investigación. O prazo xeral para presentar solicitudes remata o 31 de outubro de 2022, con excepción de dous meses dende a data de defensa para presentar a documentación, naqueles traballos que se defendan a posteriori da publicación da convocatoria.