A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra firman un convenio para desenvolver un estudo sobre a o ensino da sociolingüística nos institutos. Con este proxecto, pretenden analizar os contidos do bloque Lingua e sociedade da materia Lingua galega e Literatura, para así contribuír a garantir o futuro do galego.
As demandas e expectativas do profesorado…
Suso de Toro, Inma López Silva e Xesús Fraga son os autores que optan ao Premio Novela Europea na modalidade de Novela traducida a outra lingua europea dentro da sección de idioma galego.
O Casino de Santiago acolleu un acto no que se deron a coñecer aos finalistas da categoría, que está dividida en dúas seccións:…
O galego segue a romper fronteiras, desta vez da man de Carolina Rubiosa. A cantante galega, co seu tema O teu camiñar, acadou o segundo posto do Liet Internacional, tamén coñecido como Eurovisión das linguas minoritarias.
Cun total de 118 puntos, a galega só quedou a un punto da gañadora, Doria Ousset, que presentou o seu…
Pode un portugués falar galego?. Esa foi a pregunta que se fixo Leo na súa canle de Youtube Portuguese With Leo . E, coa axuda do presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, que tamén é profesor de portugués na EOI de Santiago, puido ter un coñecementos básicos para tentar falar e ler en galego.
Activismo, mobilización social e pensamento crítico en galego terán un novo espazo, a 13 Editora. Estas temáticas poderán atoparse en galego grazas á Editora 13, nada ao abeiro de ECOAR))) – Espazo de (Contra)discurso, construción, e Coordinación de Alternativas e Resposta Social- e que se presentará o vindeiro 14 de maio.
O nacemento desta nova editorial…
Traducir Are you cold? por Es de Friol? é un dos exemplos que están inundando as redes nos últimos días, e que agora tamén teñen a súa versión en galego. Twitter encheuse nos últimos días dunha enxeñosa tendencia: traducir frases en inglés de maneira errónea e cunha fotografía que ilustre esa tradución.
O fenómeno viral…
As aulas e corredores do IES Eduardo Blanco Amor e o IES Rego de Trabe encheranse de galego. De maneira simultánea, os dous institutos de Culleredo participarán nun reto que ten como protagonista o galego. Con #Desafío72h, case 400 alumnos comprométense de maneira voluntaria a falar en galego dende o 10 ao 12 de maio,…
Para conmemorar as Letras Galegas 2022, o Cineclub de Bueu ofrecerá durante maio un Ciclo de Cienema en Galego. Cada venres, o Centro social do Mar proxectará filmes feitos en Galicia, nun ciclo composto por catro títulos recentes. Negro Púrpura, Manoliño Nguema, A Virxe Roxa e Eles Transportan a Morte son as películas que chegarán…