Este 1 decembro chegou a librarías de todo o estado O lume, a nova novela gráfica de David Rubín. O ourensán corre co guión e co debuxo desta obra, que ve a luz de xeito simultáneo en castelán, da man de Astiberri, e en galego publicada por Demo Editorial. Esta é a primeira vez que…
Lugo Xornal recolle unha opinión do activista galego-berciano Xabier Lago Mestre sobre a presión do "leonesismo" sobre a identidade galega desta comarca. "Os leonesismos político e cultural sempre trataron de atacar a lingua galega, como foránea á realidade cultural do Bierzo. Fronte a ela, propoñen os chamados dialectos leoneses, confusas falas concretadas no berciano, cabreirés,…
Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, instrumentos musicais, roupa, complementos, prantas, enerxía, servizos profesionais, experiencias, alimentos... A Mesa pola Normalización da Lingüística distribuirá de xeito gratuíto esta fin de semana no Culturgal, en Pontevedra, un extenso catálogo con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal. "Consideramos importante recoñecer as empresas que empregan con normalidade o…
A Xunta porá en marcha o próximo ano o Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade, tras o cumprimento de todos os trámites necesarios e as correspondentes audiencias e informacións públicas.
Segundo indicou o Executivo galego nun comunicado, o obxectivo do observatorio é servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia e como foro permanente de…
A Biblioteca de Galicia acolle a exposición 'Unha árbore de historias. Cen anos de literatura infantil e xuvenil', que realiza un percorrido desde os libros pioneiros da produción literaria en galego nese ámbito ata as producións máis actuais.
Así, na exposición aparecen os primeiros textos que escribiron Vicente Risco e Filgueira Valverde e tómase como referencia…
A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña lanzou este xoves a segunda edición de '#AsPalabrasdaCiencia'. Esta campaña, que se difundirá a través de Internet durante este mes de novembro, ten como obxectivo mostrar o compromiso da institución provincial co mundo científico e a importancia de dinamizar a lingua galega nesta área de referencia…
A canción galega no exilio mexicano de 1939 poralle o ramo este xoves, 10 de novembro, ao simposio que a Real Academia Galega lle dedica ao protagonista do Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán. Samuel Diz, na guitarra clásica, e a soprano Belén Vaquero interpretarán pezas para poemas de Amado Carballo, Álvaro Cunqueiro,…
Oh Captain! My Captain!”, un dos poemas máis célebres de Walt Whitman, foi escrito en 1865 en homenaxe ao presidente dos Estados Unidos Abraham Lincoln tras o seu asasinato. Case un século despois, en 1951, foi vertido por primeira vez ao galego, desde o exilio en México, por Florencio Delgado Gurriarán (1903 - 1987). “Adaptouno con certo…