A asociación Hablamos Español terá que pagar 2.000 euros, 1.500 euros á Comisión de Transparencia de Galicia e 500 á Consellería de Educación, logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitara o seu recurso para que esta consellería traducira ao castelán as programacións educativas.
"Négannos as programacións didácticas en español, o Tribunal Superior…
'Termos esenciais de dereito procesual' é un glosario bilingüe (galego-español) que recolle máis de 1.000 conceptos relacionados con esta área específica. O volume foi presentado este martes 9 de maio nun acto que se desenvolveu na Facultade de Dereito e alberga a vontade de ofrecer unha visión panorámica e o máis completa posible da estrutura…
A edición de 2022 dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego recoñeceu catro programas que potencian a oralidade, a reflexión e o uso da lingua na formación non regrada. Son ademais proxectos que buscan crear comunidade e asociar a lingua con valores positivos e atractivos (a innovación, a creatividade e a autoestima).
O pasado…
A sexta edición do certame Enreguéifate, impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo xa ten gañadoras nas diversas categorías. As pezas serán galardoadas o vindeiro 14 de abril no Auditorio de Galicia na Gala Enreguéifate-Regueifesta.
O xurado composto por Socorro García, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago; Carme Pereiro, normalizadora lingüística do Concello de Carballo; Manolo…
O escritor lucense Darío Xohán Cabana (1952-2021) será o protagonista da conmemoración do Día da Poesía, que a Real Academia Galega (RAG) celebra con esta homenaxe o xoves nun acto no que familia, amizades e outros creadores recitarán versos do escritor e académico.
A homenaxe, de entrada libre, terá lugar ás 19,00 horas na Fundación Luís Soeane, na Coruña, e poderá seguir…
O certame 'Enreguéifate' 2022-2023 pechou o pasado venres o prazo de inscrición, tras recibir un total de 43 vídeos de regueifas, 35 deles na categoría escolar e 8 na xeral. As propostas chegan desde todos os puntos da xeografía galega, como Carballo, Burela, Compostela, Pontevedra, Teo ou Ames.
A fase de votación do xurado comeza hoxe mesmo e estará composto por Socorro García, técnica…
Os Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” volverán traer este verán a Santiago de Compostela alumnado de todo o mundo para aprender o idioma de Galicia, tras a interrupción desta actividade por mor da pandemia. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 3 de abril e o programa desenvolverase do 3…
A incipiente produtora de ciencia ficción e fantasía viguesa Lámbrica Producciones están desenvolvendo 'Heliotropo', unha curtametraxe de ciencia ficción en galego.
Na actualidade o equipo encóntrase inmerso na fase de posprodución e, para axudarlles a terminar a realización, decidiron lanzar una campaña de crowdfunding. O obxectivo de recaudación é de 2500€, que só cobrarán se…