O Concello de Marín abre a convocatoria para o XVIII Premio de Narración Curta, un certame que forma parte das actividades do Día das Letras Galegas e que nesta edición renderá homenaxe á poesía oral popular e ás súas grandes transmisoras, as cantareiras. A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, foi a encargada de presentar as…
O mandato de Víctor F. Freixanes como presidente da Real Academia Galega (RAG) chegou ao seu fin tras completar dous períodos consecutivos á fronte da institución. A súa saída formalizouse na xuntanza ordinaria do Plenario celebrada na tarde de onte no pazo de María Pita, en A Coruña.
Coa conclusión do seu cargo, dáse inicio…
A Real Academia Galega dedicaralle o vindeiro Día da Poesía a Luis Seoane. A fundación creada para o estudo da obra do artista e escritor (rúa San Francisco, 27 – A Coruña) acollerá o xoves 27 de marzo (19:00 horas) un acto arredor do seu universo creativo cunha ollada interdisciplinaria.
En diálogo coa súa produción, a…
A Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo acolleu este xoves unha xornada centrada no papel das mulleres galegofalantes nas redes sociais. O evento, enmarcado nas actividades do 8M, foi promovido polas estudantes de Filoloxía Aplicada Galega e Española Sara Castro e Silvia Trabazos co obxectivo de dar visibilidade ao traballo das creadoras…
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou nunha recente sentenza que os centros educativos de Galicia non están obrigados a traducir toda a súa documentación ao castelán, avalando así a interpretación da normativa realizada pola Xunta. O fallo responde á demanda dun pai que, en 2022, solicitara que o CEIP Cidade Vella, situado…
O concurso Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, abre a súa oitava edición, na que busca premiar as mellores regueifas en galego. O prazo para participar remata o 20 de marzo e as persoas interesadas poden inscribirse enviando un vídeo no que, polo…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu este luns a diversos actos organizados no marco da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León para celebrar o Día do Galego no Bierzo, que tivo lugar o pasado domingo, 9 de marzo. A súa presenza en actividades educativas e culturais…
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración en apoio da única toponimia oficial de Ourense esta quinta feira (xoves) diante dos xulgados desta urbe, coincidindo co xuízo polas supostas actuacións nun balado que promovía a deturpación do nome da cidade das burgas impulsado desde a entidade Hablemos Español. A mobilización terá por lema Ourense polo seu nome e…