Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O programa de ensino de galego en territorios limítrofes consolídase con 1.207 estudantes

O Programa de promoción do galego nos territorios de Castela e León limítrofes con Galicia confirma a súa consolidación ao chegar neste curso 2025-2026 ás 1.207 persoas matriculadas, unha cifra que supón un incremento de case trinta estudantes respecto ao ano académico anterior. Así o trasladou a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tras a…

As probas Celga estréanse en liña con máis de 600 solicitudes e 100 prazas dispoñibles

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, supervisou hoxe o desenvolvemento da primeira convocatoria do Celga realizada integramente en liña, un formato que espertou un notable interese ao rexistrar máis de 600 solicitudes para un total de 100 prazas dispoñibles. A proba, celebrada desde a plataforma tecnolóxica habilitada pola Administración autonómica, supón un cambio significativo…

Ourense analiza o paradoxo do galego: máis uso na industria cultura, pero menos uso social

A sala Ángel Valente de Ourense acolleu esta segunda feira unha mesa redonda centrada no papel da lingua galega na democracia, dentro do ciclo ‘50 anos de España en liberdade’ impulsado pola Subdelegación do Goberno. O encontro, baixo o título 'Lingua, educación e liberdade: o galego na construción da democracia', reuniu os escritores Juan Tallón,…

A Deputación activa as axudas para impulsar a exhibición audiovisual en galego en 2026

A Deputación da Coruña fixo públicas as bases reguladoras do novo programa de subvencións destinado a empresas audiovisuais que traballen na distribución, comercialización e exhibición de contidos en lingua galega durante o ano 2026. O obxectivo é reforzar a presenza do galego nas salas e plataformas do ámbito coruñés, apoiando tanto producións feitas en Galicia…

A terceira lingua de signos esquecida: a investigadora Zaira González reivindica a singularidade da Lingua de Signos Galega

A aprobación en 2007 da lei pola que se recoñecen oficialmente as linguas de signos española e catalá deixou fóra outras variedades históricas presentes no Estado. Entre elas, a lingua de signos galega (LSG). A norma partía, segundo explica a doutoranda Zaira González Lago, da Universidade de Vigo, dunha idea asentada: a existencia de dous…

O PSOE tentará de novo oficializar as linguas cooficiais no Senado

A Comisión Xeral de Comunidades Autónomas do Senado abordará este xoves unha iniciativa presentada polo PSOE para reforzar o papel da pluralidade lingüística no Estado. A proposta, de carácter non vinculante, pretende que o Senado avance cara a unha presenza máis ampla das linguas oficiais, e que os executivos autonómicos con dous idiomas cooficiais continúen…