A AGAL (Associçom Galega da Língua) organizará o vindeiro 31 de xaneiro en Santiago de Compostela a xornada '(Re)unidas pola Língua', un encontro concibido como foro plural de diálogo arredor da lingua galega. A iniciativa pretende xuntar persoas e entidades con interese na lingua para escoitar, compartir experiencias e pensar colectivamente novos camiños…
Arredor de 40 alumnos e alumnas e 4 docentes dos centros educativos de Ames participaron esta mañá na cuarta xornada de formación do Club de Debate Alingua, celebrada en Santa Comba . A representación amesá estivo integrada por tres equipos, un do IES do Milladoiro e dous do IES de Bertamiráns, no marco dun…
A oitava edición do programa 21 días co Galego e + botou a andar este martes no colexio Álvarez Limeses , en Pontevedra, coa participación de dez centros educativos de toda Galicia e a implicación conxunta de alumnado, profesorado e persoal non docente. A iniciativa está impulsada pola Xunta de Galicia , coa…
O Ateneo de Santiago acolleu na tarde deste pasado luns a conferencia 'O Atlas Lingüístico Galego: 50 anos despois', impartida por Francisco Fernández Rei, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela e investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG). A sesión ofreceu un percorrido pola xénese do proxecto, polo proceso de recollida de datos sobre o…
O Diario Oficial de Galicia publica este luns a convocatoria de axudas para o desenvolvemento de proxectos de fomento do uso do galego nos centros educativos que imparten ensinanzas de niveles non universitarios. A iniciativa está promovida pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude …
O Ateneo de Santiago acollerá o vindeiro luns 19, ás 19.30 horas, a conferencia titulada 'O Atlas Lingüístico Galego: 50 anos despois', unha cita centrada na análise dun dos proxectos científicos máis relevantes para o estudo da lingua galega. A sesión terá lugar na sede do Ateneo, situada na rúa do Vilar, 19.…
A novena edición da Festa do Apego celebrarase o vindeiro sábado 27 de decembro no Auditorio de Galicia , cunha programación dirixida á infancia e ás familias que se desenvolverá en horario de 12:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00. A alcaldesa de Santiago de Compostela , Goretti Sanmartín , presentou…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, subliñou en Santiago o compromiso da Xunta de Galicia “con fomentar a presenza dixital do galego, incorporándoo ás novas linguaxes e favorecendo o seu uso nas plataformas tecnolóxicas, un eido no que estamos dando grandes pasos”. Fíxoo durante a xornada Tecnoloxía en galego. Resultados de ILENIA–Proxecto Nós, un…