Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Queremos TikTok en galego agora e sempre”, reclaman unha ducia de tiktokers galegos

“Estamos fartas de recibir odio por facer contido en galego”, afirma a tiktoker burelesa @paulablackmakeuplover . Faino a través dun vídeo no que participan unha ducia de creadores de contido, que se mollan polo 17 de maio, día das Letras Galegas e animaron a participar na manifestación de Querremos Galego. @Letidataberna é outra das tiktokers que…

O pianista James Rhodes e o seu amor por Galicia e o galego: “Acabo de facer dúas entrevistas en galego”

O pianista e escritor James Rhodes sorprendeu nas redes sociais cunha mensaxe en galego. “Teño un resfriado terrible e estou drogado con frenadol e acabo de facer dúas entrevistas en galego”, publicaba o artista na súa conta de Twitter, unha mensaxe moi cotiá que moitos galegos recibiron con alegría. https://twitter.com/JRhodesPianist/status/1518905623164899333?s=20&t=d1YNzIbhB9LPhjpY9fU1BA Porén, non é descoñecido o apego…

Xurxo Martínez: “Eu negueime a pagar até que me chegase a notificación da AEAT en galego”

Despois de 4 anos loitando por solicitar ser atendido en galego na Axencia Tributaria, Xurxo Martínez González acaba de recibir a sentenza favorable ante unha reclamación de quebrantamento dun dereito lingüístico por parte da AEAT. Nas súas redes sociais, Martínez González compartía o sucedido no 2017, cando solicitou á Axencia Tributaria o uso do galego…