Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Un oso, letras e moito vocabulario: así é ‘ArgaQuest’, o videoxogo galego creado nun instituto da Coruña

Aprender unha lingua pode resultar complexo, especialmente cando os métodos tradicionais non conseguen conectar cos intereses das novas xeracións. Con esa idea como punto de partida naceu 'ArgaQuest', un proxecto impulsado polo IES Fernando Wirtz da Coruña que aposta polos videoxogos e a tecnoloxía como ferramentas para fomentar o uso do galego entre a mocidade.…

Silvia Jato corta en directo a unha filóloga estadounidense tras alertar na TVG da perda de falantes de galego

A emisión especial do programa da TVG ‘Tarde piaches’ polo Día das Letras Galegas deixou un dos momentos máis comentados da xornada tras a intervención da filóloga estadounidense Ali Briere, residente en Galicia e falante de galego, que alertou en directo sobre a situación da lingua galega e a perda progresiva de falantes nas novas…

Esther Estévez ironiza sobre o uso puntual do galego nas Letras cunha “consulta psicolóxica” satírica nas redes

A xornalista e divulgadora Esther Estévez, coñecida polo seu labor de activismo lingüístico e por ser a cara visible do proxecto 'Dígocho eu', publicou nas súas redes sociais un novo vídeo en clave de humor e sátira co gallo do Día das Letras Galegas, no que reflexiona sobre a relación que parte da sociedade mantén…

RedMeteo reivindica en redes o dereito a comunicar en galego fronte ás críticas por non usar castelán

A conta galega de meteoroloxía e fotografía RedMeteo, coñecida pola súa actividade en galego na rede social X, publicou unha reflexión sobre o uso da lingua propia tras recibir comentarios doutro usuario que lle recomendaba escribir en castelán ante a falta de tradución automática para o galego na plataforma. Captura da publicación da conta de…

Da aula á rede: así naceu ‘As chaves da lingua’, unha das iniciativas premiadas nos Premios Mil Primaveras

O proxecto As chaves da lingua nace como unha iniciativa didáctica e divulgativa en liña orientada a mellorar as competencias lingüísticas en galego e a facilitar o acceso a recursos de aprendizaxe. Impulsado pola profesora de Lingua Galega Noemí García, combina o rigor filolóxico cun enfoque práctico e comprensible, pensado tanto para persoas que queren…