Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Carolina Cotón, galegofalante a partir de Xabier Quiroga: “A miña familia consideraba que o castelán me ía facilitar a vida”

Carolina Cotón, pertencente á costa galega mais asentada en Monforte de Lemos, comezou a falar galego a comezos do 2023. Durante a súa infancia, e adolescencia, foi educada en castelán xa que a súa contorna próxima o considerou o idioma máis doado para ela desenvolver a súa vida. Amante da produción literaria en galego dende nena, a muda á lingua galega era para Carolina unha “espiña cravada”, que foi arrinacada por Xabier Quiroga cunha frase articulada nunha presentación nun clube de lectura local.

“Para manter o galego, hai que falar e escribir en galego” foi a chave deste “cambio de chip”,  facilitado polos colegas laborais de Carolina, que non deixaron que o “reparo” a limitase e a motivaron durante todo o proceso de cambio idiomático.

 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.