Carla Villaverde estuda o grao superior en Gandaría e Asistencia en Boqueixón, A Coruña. Os primeiros anos da súa vida foi criada como castelánfalante, posto que a súa nai é de República Dominicana. Cando, unha vez en Galicia, se mudou de Santiago de Compostela a unha aldea da Estrada, as conversas diarias coa súa entorna máis próxima habituárona a falar galego, idioma que adoptou por completo na secundaria.
Liga o uso do galego, principalmente, á súa avoa: “Á miña avoa, que agora ten 89 anos, sempre me naceu falarlle en galego. Ao estar no rural, todo o mundo falaba galego e me sentía estrana. Agora síntome estrana falando en castelán“.
Atopámola nun encontro do sector gandeiro, nas instalacións da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, en Lugo, ao cal liga o mantemento da lingua.