Darío Gil, fillo de Xela Arias, abrirá este xoves día 11 o simposio que a Real Academia Galega lle dedica no mes de novembro á protagonista do Día das Letras Galegas 2021. Será nunha tarde centrada na vida e no compromiso social e cultural da homenaxeada que contará tamén coas achegas da profesora da Universidade…
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) vén de convocar os III Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística. O prazo para inscribir os proxectos estará aberto dende hoxe ata o 31 de xaneiro de 2022. E aínda…
O xoves pasado xoves celebrouse na cidade norteamericana de Milwaukee, tralo parón que a pandemia introduciu nas actividades académicas en Norteamérica, o Congreso Anual da Midwest Modern Language Association 2021. Como parte deste evento tivo lugar a sesión A viaxe nas tradicións literarias en linguas galega e portuguesa, presidida polo profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee Gabriel…
Este martes 9 de novembro, ás 11 horas, no salón de actos da facultade de comunicación da USC ten lugar unha mesa redonda na que se vai abordar a necesidade de loitar pola igualdade do galego na Lei do Audiovisual que se está a debater no Estado. A entrada será de acceso libre e gratuíto até completar o espazo
Nesta mesa redonda…
En 1968 Xela Arias tiña 7 anos e falaba galego. Así deixou constancia o seu pai, Valentín Arias, nun artigo escrito en plena ditadura no que reflexiona sobre a bilingüísmo da súa filla e as facilidades que iso lle brindaría no futuro á hora de se mergullar en novos códigos. E así foi: co tempo,…
Dúas iniciativas, Faladoiros en Vigo e un grupo de falantes a través das RRSS en Ferrol están animando ao uso do galego nestas dúas cidades. Fano a través das novas tecnoloxías. A estes proxectos asisten tamén persoas de fóra de Galicia e mesmo de fóra do Estado.
Faladoiros naceu como unha maneira de fomentar a aprendizaxe…
Cal é a orixe e significado dos nomes das parroquias e das entidades de poboación de Carnota?. Tanto este nome coma O Pindo teñen suscitado abondosas reflexións e debates en canto á súa orixe e mesmo se ten suxerido que Carnota puido ser o nome antigo ou alternativo do monte Pindo.
Carnota é un topónimo de…
O Consello da Cultura Galega acolle este xoves, 4 de novembro, a xornada presencial dos XXIII Encontros para a normalización lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), arquivo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG). Os vídeos, que foron gravados e subidos previamente, pon o acento nesta ocasión na creba da…