O investigador do ILG da USC Xulio Sousa e as profesoras da Facultade de Matemáticas e investigadoras do CITMAga María José Ginzo Villamayor e Rosa Crujeiras acaban de publicar un artigo na revista Names: A Journal of Onomastics que axuda a desvelar as conexións entre os apelidos, a variación dialectal e a organización histórica de Galicia.…
As televisións públicas de Euskadi (EITB), Cataluña (3CAT) e Galicia (TVG) anunciaron este mércores, no marco do foro Conecta FICTION & ENTERTAINMENT, a súa asociación para crear 'Pensión Incompleta', un proxecto de ficción gravado nas catro linguas oficiais do Estado: galego, eúscaro, catalán e castelán.
A serie -- aínda en fase de desenvolvemento e co inicio de…
Preto de 80 expertas e expertos integran xa o primeiro instituto de investigación do ámbito das Humanidades da Universidade de Vigo (UVigo), iLingua, impulsado por uns 38 investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución en 2021.
O seu obxectivo é promover e realizar investigacións en lingüística de primeiro nivel, priorizando os proxectos conxuntos e a captación…
Modo galego, actívao!, o proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia desenvolto colaborativamente entre o Concello de Ames, a Real Academia Galega e os once centros educativos públicos amesáns, foi unha das experiencias premiadas na sexta edición dos Premios Mil Primaveras que se entregaron hoxe no Pazo da Cultura de…
María Otero Canabal (Forcarei, 2000), graduada en Dereito e Relacións laborais pola USC, vén de recibir o Premio Franco Grande de investigación xurídica en lingua galega pola UVigo polo seu traballo sobre as relacións laborais do servizo do fogar familiar. No mesmo fai unha análise xurídica deste sector desde a perspectiva da prevención de riscos.
Sobre…
O Bierzo tamén homenaxeou ás cantereiras cunha mostra na Escola Oficial de Idiomas na que se dá conta da importancia que a memoria oral e o traballo de moitas destas mulleres tiveron na transmisión das tradicións e da lingua galega.
O campamento de verán da escola Semente de Lugo terá lugar do 23 de xuño ao 24 de xullo nas súas instalacións da aldea de Barbaín, no edificio da antiga escola unitaria. Está aberta a matrícula para nenos e nenas entre os 3 e os 9 anos de idade, que poderán asistir ao campamento de 8:30 a 15:30,…
O Equipo Chaira -grupo de investigación etnográfica formado por Mercedes Salvador, Ofelia Carnero, Xoán R. Cuba e Antonio Reigosa- e a veciña da parroquia de Folgoso (Cerdedo, Ourense) María Fraíz Canaval (María da Vrea) veñen de ser elixidos como Mestre e Mestra da Memoria 2025 da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega).
Estes premios recoñecen a traxectoria e…